- Inicio
- Prepararse
- Vocabulario mínimo
Vocabulario mínimo
Vinte e cinco frases. Con estas dórmese, cómese, sélase e pídese axuda en todo o Camiño. Van nas tres linguas que vas oír no mostrador.
Non poñemos a pronuncia figurada: escrita para un alemán non lle serve a un xaponés, e unha soa versión acabaría enganando aos dous. Se non te entenden, ensínalles a pantalla.
Ao chegar ao albergue
Pedir cama libre
Español ¿Tenéis camas libres?
Galego ¿Tedes camas libres?
Português Têm camas livres?
Preguntar o prezo da noite
Español ¿Cuánto cuesta la noche?
Galego ¿Canto custa a noite?
Português Quanto custa a noite?
Reservar para esta noite
Español Quiero reservar para esta noche.
Galego Quero reservar para esta noite.
Português Quero reservar para esta noite.
Pedir o selo da credencial
Español ¿Me puede sellar la credencial, por favor?
Galego ¿Pódeme selar a credencial, por favor?
Português Pode carimbar-me a credencial, por favor?
Preguntar se hai lavadora
Español ¿Hay lavadora?
Galego ¿Hai lavadora?
Português Há máquina de lavar?
Pedir habitación privada
Español ¿Tenéis habitación privada?
Galego ¿Tedes habitación privada?
Português Têm quarto privado?
Polo camiño
Preguntar por onde se volve ao Camiño
Español ¿Por dónde se va al Camino?
Galego ¿Por onde se vai ao Camiño?
Português Por onde se vai para o Caminho?
Preguntar canto falta ata a vila
Español ¿Cuánto falta hasta el pueblo?
Galego ¿Canto falta ata a vila?
Português Quanto falta até à aldeia?
Preguntar se a fonte é potable
Español ¿Esta fuente es potable?
Galego ¿Esta fonte é potable?
Português Esta fonte é potável?
Dicir que te perdiches
Español Creo que me he perdido.
Galego Creo que me perdín.
Português Acho que me perdi.
Preguntar quen leva as mochilas
Español ¿Quién lleva las mochilas a la etapa siguiente?
Galego ¿Quen leva as mochilas á etapa seguinte?
Português Quem leva as mochilas para a etapa seguinte?
Comer
Pedir o menú do peregrino
Español ¿Hay menú del peregrino?
Galego ¿Hai menú do peregrino?
Português Há menu do peregrino?
Dicir que es vexetariano
Español Soy vegetariano, ¿qué puedo comer?
Galego Son vexetariano, ¿que podo comer?
Português Sou vegetariano, o que posso comer?
Preguntar polos alérxenos
Español Soy alérgico. ¿Lleva gluten, frutos secos o lactosa?
Galego Son alérxico. ¿Leva glute, froitos secos ou lactosa?
Português Sou alérgico. Leva glúten, frutos secos ou lactose?
Pedir un bocadillo para levar
Español ¿Me pone un bocadillo para llevar?
Galego ¿Ponme un bocadillo para levar?
Português Pode fazer-me uma sandes para levar?
Pedir a conta
Español La cuenta, por favor.
Galego A conta, por favor.
Português A conta, por favor.
Nun apuro
Dicir que unha ampola se infectou
Español Tengo una ampolla y se me ha infectado.
Galego Teño unha ampola e infectóuseme.
Português Tenho uma bolha e infetou.
Preguntar onde está a farmacia
Español ¿Dónde está la farmacia?
Galego ¿Onde está a farmacia?
Português Onde fica a farmácia?
Dicir que precisas un médico
Español Necesito un médico.
Galego Necesito un médico.
Português Preciso de um médico.
Pedir axuda e que chamen ao 112
Español Ayuda, por favor. Llame al 112.
Galego Axuda, por favor. Chame ao 112.
Português Ajuda, por favor. Ligue para o 112.
Pedir que cho escriban
Español No entiendo. ¿Puede escribirlo?
Galego Non entendo. ¿Pode escribilo?
Português Não entendo. Pode escrever?
Cortesía
O saúdo do peregrino
Español Buen camino.
Galego Bo camiño.
Português Bom caminho.
Dar as grazas
Español Muchas gracias.
Galego Moitas grazas.
Português Muito obrigado.
Por favor
Español Por favor.
Galego Por favor.
Português Por favor.
Desculpar
Español Perdone.
Galego Perdoe.
Português Desculpe.