- Inicio
- Prepararse
- O Camiño con can
O Camiño con can
Pódese, e cada ano faino máis xente. Pero o problema non son os quilómetros: é onde durmides os dous.
- A maioría dos albergues municipais non admiten animais. Os privados si, moitos, pero hai que reservar: filtra por «admite mascotas» e chama a véspera.
- Papeis en regra: microchip, pasaporte europeo para animais de compaña e a rabia ao día. En España pídense, e para volver á casa tamén.
- As almofadiñas sofren máis que os teus pés. O asfalto ao mediodía en agosto queima, e trinta quilómetros de zahorra nun día son demasiados para case calquera can sen adestrar.
- Bebe máis do que cres. Un bebedoiro pregable e auga para os dous: nos treitos sen fontes el non pode racionar.
- Correa sempre nos pasos de gando, nas fincas e ao cruzar vilas. Hai cans soltos nas granxas e hai reses no camiño.
- O transporte de mochilas non leva animais. Se o can non pode seguir, a saída é un taxi que os admita ou o tren, e iso mírase antes de que faga falta.