A cama, falada
Nos últimos cen quilómetros e no verán, chegar a ver que hai deixa de funcionar. Os albergues municipais non reservan, así que a alternativa é saír antes ou levar concertado o privado.
Faltan 80 días para que se abra a Porta Santa
O 31 de decembro de 2026, ás cinco da tarde, o arcebispo petará tres veces na Porta Santa da catedral de Santiago cun martelo de prata. A partir de aí, e durante todo o ano, o Camiño deixa de ser o de sempre.
Un Ano Santo Compostelán é aquel no que o 25 de xullo, día de Santiago, cae en domingo. Non se convoca: é unha conta de calendario, e por iso chega catorce veces cada século e non cando convén. Despois de 2027, o seguinte será 2032.
Ábrese a Porta Santa
A cerimonia é a tarde anterior ao primeiro día do ano.
Día de Santiago Apóstolo
O domingo que converte o ano en Ano Santo. É a semana con máis xente de todas.
Péchase a Porta Santa
A última noite do ano, e ata 2032.
Todo o demais que se escribe do Ano Santo é certo e non che afecta ao andar. Isto si. Nun Xacobeo o Camiño recibe moita máis xente ca un ano normal, e nótase nunha cousa concreta: a hora á que se acaban as camas. Onde en setembro chegabas ás catro e había sitio, en Ano Santo hai que chegar antes ou levalo falado.
E non se reparte por igual. Concéntrase nos últimos cen quilómetros das rutas máis andadas, que é onde xa hoxe vai a maioría, e nos meses de verán. Canto máis te afastes desas dúas cousas, máis se parecerá a camiñar nun ano calquera.
Este é o reparto de 2026, antes do Ano Santo. Serve para ver onde vai haber apreixo, porque o que pasa nun Xacobeo é que estes números medran, non que cambien de sitio.
Datos da Oficina do Peregrino a 27 de agosto de 2026. O Portugués pasou do 27,8% en 2022 ao 39% de hoxe, e o Francés baixou do 51,5% ao 42,8%.
É o que peor se conta. O xubileo non se gaña por camiñar unha distancia concreta nin por conseguir a Compostela: non depende da ruta nin dos quilómetros. Gáñase cumprindo catro condicións relixiosas: visitar a catedral, rezar polas intencións do Papa, confesarse e comungar.
Cruzar a Porta Santa non dá a indulxencia por si só. É o xesto que abre o ano, non un trámite que se completa ao pasar por debaixo.
E ao revés: camiñar o Camiño en Ano Santo non obriga a nada. A maioría de quen o fai non vai a por o xubileo, e a Compostela séguese entregando cos mesmos cen quilómetros a pé de sempre.
Nos últimos cen quilómetros e no verán, chegar a ver que hai deixa de funcionar. Os albergues municipais non reservan, así que a alternativa é saír antes ou levar concertado o privado.
Non todos os meses teñen as mesmas camas abertas nin o mesmo tempo. Mira cantas abren cada mes na ruta que che interesa antes de pedir as vacacións.
Se o que queres é que non haxa apreixo, o reparto de arriba di onde mirar. E se tes un número de días pechado, hai rutas que caben e rutas que non.
Esta guía instálase como aplicación e funciona sen conexión: o que consultas con wifi no albergue segue aí ao día seguinte no medio do monte.