- Inicio
- Cando ir
Cando ir
Todas as guías contestan o mesmo: primavera e outono. Iso non é un dato, é unha frase. O que decide unha viaxe en febreiro non é o frío, que se leva posto, senón se ao final da etapa hai unha cama aberta.
De ningún aloxamento deste camiño consta a tempada, así que esta táboa non pode dicir nada.
Que miran estes números
- Camas abertas
- Cantos dos aloxamentos con tempada escrita abren ese mes. Non cantas prazas hai: cantas casas erguen a persiana.
- Etapas sen cama
- As etapas onde non abre ningún dos aloxamentos dos que coñecemos a tempada. É o número que manda a alguén andar quince quilómetros de máis ao final do día.
- Luz
- As horas que hai entre que amence e que anoitece o día 15, pola latitude deste camiño. Andar vinte e cinco quilómetros con nove horas de luz non é a mesma viaxe que con quince.
Dun aloxamento do que non sabemos a tempada non se di nada. «Non consta» non é «pechado».