Saltar ao contido
Seis Caminos de Santiago Seis Caminosde Santiago

Descargar a app

A app Seis Caminos de Santiago

Instálase dende o propio navegador, sen tenda de aplicacións. Ocupa pouco e o que abriras segue dispoñible sen cobertura.

  1. Inicio
  2. Que camiño escollo?

Que camiño escollo?

A pregunta non é cal é mellor: é cal me colle. Dinos os días que tes e dicímosche cales entran enteiros e, dos que non, desde que vila terías que empezar.

A pé · o que se fai nun día

Escribe os días que tes e verás cales entran.

Camiño Días Km Etapas Subida Dureza media Camas por etapa Treito sen servizo
Camino Francés 36 días 772 33 +11.247 m 26,8 262,4 16,7 km
Camino del Norte 38 días 824 35 +16.830 m 28,3 378,1 13,7 km
Camino Primitivo 15 días 318 14 +7.890 m 28,4 137,6 19,4 km
Camino Portugués 11 días 241 11 +3.970 m 25,5 424,4 Non consta
Camino Inglés 6 días 120 6 +2.390 m 24,0 155,8 20,7 km
Vía de la Plata 46 días 1.005 42 +14.950 m 27,5 153,5 27,8 km
Camino Finisterre-Muxía 6 días 118 5 +2.280 m 28,2 280,6 11,6 km

Que miran estes números

Días
Os días saen dos teus quilómetros ao día, non das etapas do libro. Ninguén camiña as etapas oficiais.
Dureza media
Quilómetros equivalentes dunha etapa media, co criterio de montaña que usa toda a guía: cen metros de subida custan coma un quilómetro en chan. Comparalos por quilómetros pelados pon o Primitivo ao lado do Inglés.
Treito sen servizo
O treito máis longo de todo o camiño sen auga, comida nin cama. Sae dos servizos que temos importados.
Camas por etapa
Cantos aloxamentos hai de media en cada etapa, dos que temos na base. Non cantos hai no mundo.

Non hai unha columna de «cal é mellor», e non a vai haber: iso é unha opinión, non un dato, e este sitio non a ten.