- Inicio
- Os Camiños
- Camino Inglés
- Etapa 5
Etapa 5 · Camino Inglés
Hospital de Bruma → Sigüeiro
Antes de saír
Sen onde comer
Entre Hospital de Bruma e Sigüeiro.
Baixando cara ao Tambre
Despois da etapa raíña, esta ándase con máis alivio: 24,4 quilómetros con 280 metros de subida e 600 de baixada, dificultade media. É un descenso suave e longo desde as terras altas de Bruma cara ao val do Tambre, case todo por pistas asfaltadas entre aldeas, prados e bosque. Hai poucas costas e ningunha seria.
Os primeiros quilómetros pasan preto de Mesón do Vento, o único sitio con servizos da primeira metade; despois o camiño afástase da estrada e vai por parroquias de Ordes, tranquilas e con pouco onde parar. A monotonía do asfalto é o que máis se nota nas pernas, máis ca o desnivel.
A segunda metade anímase con máis aldeas e algún bar, e o final entra en Sigüeiro pola beira do Tambre. Sigüeiro é unha vila con todos os servizos, xa na comarca de Santiago, e o sitio natural para durmir a última noite antes de chegar.
Consellos
Almorza e enche a botella en Mesón do Vento se te desvías: despois hai un treito longo sen bares.
É unha etapa de asfalto: cambia o paso, para cada dúas horas e coida os pés, que a estas alturas xa notan o camiño.
Sela de paso en calquera bar das aldeas da segunda metade; o pergamiño pide dous selos de percorrido.
Se vai calor, sae cedo: a etapa ten poucas sombras nos treitos de pista aberta.
En Sigüeiro sela a chegada e descansa ben: mañá éntrase en Santiago.
Onde estou?
O móbil di onde estás; a guía dille canto che falta e onde está a próxima fonte.
Crear a conta de balde É de balde e para sempre. Fai falta conta para que a guía te sitúe. Xa teño conta
A túa posición úsase para contestarche e non se garda en ningún sitio.
Acompáñame
Cruza onde estás coa hora, a luz que queda, a auga, as camas e o taboleiro. Como moito tres cousas: as que de verdade cambian a tarde.
Crear a conta de balde É de balde e para sempre. Fai falta conta para que a guía te sitúe. Xa teño conta
Mira o GPS cada 6 min mentres a teñas aberta. O GPS gasta batería: se vas xusto, apágaa.
A túa posición úsase para responderche e non se garda en ningures.
O perfil e os servizos
O relevo desta etapa aínda non está cargado.
O tempo
19°C
Nubes
- Sensación
- 19 °C
- Vento
- 6 km/h
- Luz
- 08:44 – 19:54
- Hoxe 🌫️ 20° 14°
- mér. 🌫️ 25° 12°
- xov. 🌫️ 23° 12°
- ven. 🌫️ 18° 12° 13 %
- sáb. ⛅ 18° 10° 10 %
- dom. ⛅ 18° 9° 5 %
- lun. ⛅ 14° 8° 14 %
Datos de Open-Meteo. Actualízanse cada media hora.
O que hai hoxe
Ninguén avisou de nada nesta etapa.
Consellos de quen xa pasou
O que non caduca: onde está de verdade a fonte, que bar abre ás seis, por onde non meterse con choiva.
Aínda non hai ningún nesta etapa. Se acabas de andala, ti sabes algo que o de mañá non sabe.
Urxencias
Chamar ao 112O 112 é o mesmo número en España, en Portugal e en toda a Unión Europea. Funciona sen saldo, sen tarxeta e coa cobertura de calquera operadora, non só a túa.
Di onde estás Estou a facer o Camino Inglés, na etapa de Hospital de Bruma a Sigüeiro.
- Ana Gago Sampedro Farmacia km 24,5
- Teresa de Jesús María Álvarez Iglesias Farmacia km 24,5 +34 981691575
- Clínica Andarela Centro de saúde km 24,5
O mapa
Cargando o mapa…
Que ver nesta etapa 6
- Igrexa de San Lourenzo de Bruma Igrexa km 0,2
- Igrexa de San Pedro de Ardemil Igrexa km 3,1
- Igrexa de San Paio de Buscás Igrexa km 7,2
- Igrexa de San Xiao de Poulo Igrexa km 9,8
- Capela de Nosa Señora da Mercé de Poulo Igrexa km 11,9
- Antiga Igrexa de Santa María de Deixebre Igrexa km 19,2